Sikorsky SH-3 Sea King

Sikorsky SH-3 Sea King
SH-3H Sea King
FabricanteSikorsky Aircraft
Primeiro voo11 de marzo de 1959
Introducido1961
Produción1959-anos 70
VariantesSikorsky S-61L/N
Sikorsky S-61R
Sikorsky CH-124 Sea King
Westland Sea King

O Sikorsky SH-3 Sea King (designación da compañía S-61) é helicóptero antisubmarino de dous motores deseñado e construído por Sikorsky Aircraft. O seu desexo foi un fito ao tratarse do primeiro helicótero anfibio e un dos primeiros en usar motores turboeixo.[1]

O Sea King ten a súa orixe nos esforzos da Armada dos Estados Unidos como un medio de contrarrestar a crecente ameaza dos submarinos soviéticos durante os anos 50. En consecuencia, o helicóptero foi desenvolvido especificamente para ofrecer unha plataforma antisubmarina capaz. O Sea King foi inicialmente designado HSS-2 coa intención de implicar un certo grao de puntos en común co anterior HSS-1, posteriormente recibiu a designación SH-3A a principios dos anos 60.

Introducido en 1961, operou na Armada estadounidense como un activo antisubmarino e utilitario clave durante varias décadas antes de ser substituído polo non anfibio Sikorsky SH-60 Seahawk nos ano 90. O Sea King tamén realizou outros roles e misións como busca e rescate, transporte, evacuación médica, operacións anti-buque e alerta temperá. Varios Sea King, operados pola unidade HMX-1 do Corpo de Marines, son usados como helicópteros oficiais do Presidente dos Estados Unidos co indicativo 'Marine One'.

O Sea King tamén demostrou ser popular no mercado de exportación e incluso chego a ser vendido a operadores civís. En 2015 aínda quedaban moitos exemplares en servizo en nacións de todo o mundo. O Sea King foi fabricado baixo licenza por Agusta en Italia, Mitsubishi no Xapón e Westland no Reino Unido como o Westland Sea King. As principais vesións civís son o S-61L e o S-61N.

  1. Leoni 2007, p. 251

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy